rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Proxección do filme UNICORN WARS

Proxección do filme UNICORN WARS

11 febreiro 2025

Actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO
Organiza: Biblioteca-Centro de Documentación MARCO
Martes 11 febreiro, ás 19.00
MARCO, salón de actos
Aberto ao público en xeral ata completar capacidade
Non recomendable para menores de 16 anos

Posibilidade de reserva de praza para participantes Club de Lectura #BiblioMARCO, asistentes curso cine, e AAM Agrupación Amiga do MARCO (previa acreditación), ata o 4 de febreiro en centro.documentacion@marcovigo.com indicando nome e apelidos, ou no tel. 886 129426.

O martes 11 de febreiro, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección de Unicorn Wars, dirixida por Alberto Vázquez. Premio Goya a Mellor Película Animación en 2022, a película narra a historia da ancestral guerra entre o exército osiño e os unicornios, nunha fantástica fábula antibélica que mediante a fantasía animada reflexiona sobre a orixe do mal.

A idea de programar esta proxección como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO xurdiu a partir da elección da próxima lectura desta tempada  –MAUS, de Art Spiegelman– e da posibilidade de establecer un diálogo sobre novela gráfica, cinema de animación, e o seu potencial expresivo.

Título orixinal: “Unicorn Wars”
España – Francia / 2022
VO galego
Duración: 92 min.
Trailer: https://www.unicornwarsthefilm.com/
Sinopse e ficha técnica: https://www.unicornwarsthefilm.com/

Club de Lectura #BiblioMARCO

O Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentais das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea.

Biblioteca-Centro de Documentación

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, situada no 1º andar do Museo, é un servizo con entrada libre para todo tipo de públicos, que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea. O fondo bibliográfico ascende a 8.256 publicacións que abranguen áreas como teoría da arte, filosofía, historia, pedagoxía, museología, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da Biblioteca son monografías, catálogos de artistas e catálogos colectivos, ademais dunha hemeroteca de revistas especializadas.

HORARIO:

Martes, mércores e xoves: de 11.00 a 14.15 y de 17.00 a 20.00 / Venres, de 11.00 a 14.15 (agás festivos)
Dispoñibilidade de cita previa para persoaal investigador, fóra deste horario.
Consultar posibilidades en: centro.documentacion@marcovigo.com