rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
encabezado

Presentación

Lectura en sala

A consulta en sala é directa, e non é preciso cubrir ficha. Unha vez rematado o uso dos materiais, deberán depositarse nos carros habilitados para tal efecto. 

Préstamo domiciliario seleccionado

A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO pon en marcha unha iniciativa que viña sendo demandada por boa parte do seu público e usuarios: a posibilidade de préstamo a domicilio nunha selección dos seus fondos, que inclúen os títulos de narrativa que formaron parte do Club de Lectura #BiblioMARCO nas súas primeiras edicións, unha selección de libros para público infantil relacionados coas artes, e os propios catálogos e publicacións do MARCO. O procedemento é sinxelo e para obter o carné de préstamo abondará con cubrir unha folla de inscrición, ou a autorización correspondente en caso de menores.

Exposicións bibliográficas e dossiers documentais

Realízanse periodicamente mostras bibliográficas que recompilan documentación e publicacións relativas a artistas presentes nas exposicións do MARCO, e temáticas relacionadas coas mesmas. Habitualmente son acompañadas de dossiers documentais dixitais que reúnen enlaces a artigos, audios, vídeos, e presenza destes artistas na rede. Estes dossiers están dispoñibles no apartado de cada exposición na web do MARCO, e en Biblioteca-Novas na súa entrada correspondente.

Visitas guiadas á Biblioteca-Centro de documentación

 Co fin de achegar ao público os fondos e servizos da Biblioteca-Centro de documentación, existe a posibilidade de solicitar visitas para escolares e colectivos interesados, guiadas pola responsable da Biblioteca-Centro de documentación. A visita pode completarse cun percorrido polas exposicións, guiado polo personal de salas. 

Información e reservas a través do email centro.documentacion@marcovigo.com ou do teléfono 986 113902.

Préstamo Interbibliotecario 

Ofrécese tamén un servizo de préstamo interbibliotecario e intercambio de publicacións con outros centros de natureza similar ao MARCO. Pregámoslles ás persoas ou entidades interesadas que se poñan en contacto connosco para facilitarlles máis información a través do e-mail centro.documentacion@marcovigo.com ou do teléfono 986 113902.