rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PRESENTACIÓN LIBRO SILVERIO RIVAS

PRESENTACIÓN LIBRO SILVERIO RIVAS

Datas: 
22 abril 2025
Lugar: 
Salón de actos do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Prezo: 
Entrada libre ata completar capacidade


O vindeiro martes 22 de abril, ás 19.00, a Fundación Xoán Piñeiro presenta o libro adicado a Silverio Rivas no salón de actos do MARCO.

Trátase do 2º monográfico da Colección Nerga, que edita a Fundación Xoán Piñeiro, centrada na investigación e coñecemento da escultura galega e os seus artistas.

Na presentación, xunto a Cuqui Piñeiro, participarán Miguel Anxo Rodríguez González, coordinador do libro (profesor do Departamento de Historia da Arte da USC e membro do grupo de investigación IDEAHS), e o propio artista, Silverio Rivas.

O acto contará tamén coas intervencións de Pepe Barro, deseñador da colección Nerga e das dúas edicións, Miguel Fernández-Cid, director do MARCO, e Xesús Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro.