rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PRESENTACIÓN DO INFORME MAV 2025

PRESENTACIÓN DO INFORME MAV 2025

Datas: 
19 febreiro 2026
Horario: 
19.00
Lugar: 
Biblioteca-Centro de Documentación

“AS ARTISTAS AQUÍ E AGORA. ANÁLISE EN CLAVE TERRITORIAL E DE XÉNERO DA PARTICIPACIÓN DE MULLERES EN MUSEOS E CENTROS DE ARTE.

O xoves 19 de febreiro, ás 19 horas, presentarase simultáneamente en oito Centros de Arte de oito Comunidades Autónomas o Informe MAV 2025: “As artistas aquí e agora. Análise en clave territorial e de xénero da participación de mulleres en Museos e Centros de Arte”.

Artium Museoa / Euskal Herriko Arte Garaikidearen Museoa (Vitoria-Gasteiz)
Casa de Iberoamérica (Cádiz)
Centre de Cultura Contemporània de Barcelona / CCCB (Barcelona)
Fundació Es Baluard Museu d’Art Contemporani de Palma (Palma)
Instituto Aragonés de Arte y Cultura Contemporánea Pablo Serrano / IAACC Pablo Serrano (Zaragoza)
Les Aules – Espai Cultural Obert (Castelló)
MARCO / Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Vigo, Pontevedra)
Museo Centro de Arte Dos de Mayo / CA2M (Móstoles, Madrid)

A asociación MAV Mujeres en las Artes Visuales realizou un extenso informe no que se analizaron 8.866 exposicións realizadas por 315 museos e centros de arte do territorio español durante o período 2020-2024, así como as condicións en que se mostra o traballo das artistas e a súa presenza nos programas públicos de adquisición de obras, avaliando se dende as institucións públicas se respecta a Lei de Igualdade. Os avances son, en xeral, positivos pero insuficientes.

O Informe MAV 2025 foi realizado partindo da territorialidade da propia asociación, analizando as 17 comunidades autónomas dende o terreo, grazas ao traballo levado a cabo por 30 investigadoras, profesionais activas do sector artístico en cada territorio. Os resultados ofrecen un mapeado completo dos museos, centros de arte e salas de exposicións máis representativos de cada rexión, o seu impacto na escena artística local, nacional e internacional, e o lugar que neles se dá ás mulleres artistas dende as exposicións individuais, principal forma de recoñecemento, difusión e valoración da carreira artística.

Entre os resultados obtidos cabe destacar:

  1. Das 5.266 exposicións individuais realizadas entre 2020 e 2024, 1.835 corresponderon a mulleres artistas, o que supón un 34,8%, cifra que non chega á paridade.
  2. As notables diferenzas radican nas políticas desenvolvidas polos diferentes centros de arte: os museos de gran prestixio teñen comportamentos diverxentes (algúns proactivos, outros ausentes), mentres os centros municipais e salas novas adoitan abrir máis espazo a mulleres.
  3. A desigualdade detectada non é puntual: responde a patróns estruturais que requiren intervención institucional coordinada.
  4. A mellora pasa por profesionalizar a práctica expositiva (contratos, retribucións, catálogos, mediación), o que ademais reduce a precariedade e lexitima o sector.
  5. A transparencia e rendición de contas son requisitos mínimos: datos abertos sobre programación, compras e remuneracións deben ser accesibles e auditables.
  6. Coleccións e adquisicións: as administracións públicas incorporan progresivamente máis obras de mulleres ás súas coleccións, pero a porcentaxe invertida segue sendo inferior; as privadas mostran menos paridade. Constátase que os prezos de venda das obras de mulleres artistas son sensiblemente máis baixos.

O proxecto foi posible grazas á subvención do Instituto de las Mujeres – Ministerio de Igualdad – Gobierno de España.