rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
PRESENTACIÓN-COLOQUIO. Como flota o aceite na auga

PRESENTACIÓN-COLOQUIO. Como flota o aceite na auga

Datas: 
3 febreiro 2026
Horario: 
19.30
Lugar: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Interveñen: 
Asunta Rodríguez, Miguel Fernández-Cid

Presenta:
Manuel Quintana Martelo

Do 2 ao 7 de febreiro, as galerías españolas de arte contemporánea estarán pechadas ao público, nun xesto co que reclaman un IVE cultural próximo ao dos países europeos da nosa contorna (entre o 5 e o 7%, fronte o 21% en España).

Coincidindo coa publicación de Como flota o aceite na auga, libro no que se repasan os 40 anos da galería compostelá Trinta, a autora do libro e directora da galería, Asunta Rodríguez, e o director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, manterán unha conversa sobre a importancia das galerías no medio artístico, repasando temas de actualidade e historia de Trinta.

A presentación correrá a cargo de Manuel Quintana Martelo, pintor e un dos fundadores de Trinta en 1985.