PRÉSTAMO DOMICILIARIO SELECCIONADO
Coincidindo co 24 de outubro, Día das Bibliotecas
A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO abre a posibilidade de préstamo domiciliario nunha selección dos seus fondos.
A partir do xoves 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO pon en marcha unha iniciativa que viña sendo demandada por boa parte do seu público e usuarios: a posibilidade de préstamo a domicilio nunha selección dos seus fondos, que inclúen os títulos de narrativa que formaron parte do Club de Lectura #BiblioMARCO nas súas primeiras edicións, unha selección de libros para público infantil relacionados coas artes, e os propios catálogos e publicacións do MARCO. O procedemento é sinxelo e para obter o carné de préstamo abondará con cubrir unha folla de inscrición, ou a autorización correspondente en caso de menores.