rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Obradoiros interxeracionais para público INFANTIL e persoas maiores afectadas de ALZHÉIMER

Obradoiros interxeracionais para público INFANTIL e persoas maiores afectadas de ALZHÉIMER

Datas: 
14 xaneiro 2025 - 16 decembro 2025
Horario: 
martes de 17.00 a 17.30 (sesións preparatorias) e de 17.30 a 19.00 (obradoiros)
Lugar: 
salas de exposición e Espazo Anexo/Laboratorio das Artes

En colaboración con AFAGA. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia

Fase 1: 14 xaneiro – 30 xuño 2025
Fase 2: 21 outubro – 16 decembro 2025

Unha serie de obradoiros en cooperación con AFAGA Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, destinados a persoas maiores afectadas de Alzhéimer e público infantil.

A partir deste contacto interxeracional, e co asesoramento de persoal especializado, experimentamos o poder da arte como vía de socialización, como reflexión individual e grupal, e como ferramenta de apoio na prevención da enfermidade.