rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
O LABORATORIO DOS SENTIDOS. II Curso de Extensión Universitaria – Universidade de Vigo

O LABORATORIO DOS SENTIDOS. II Curso de Extensión Universitaria – Universidade de Vigo

Datas: 
17 setembro 2025 - 3 outubro 2025
Horario: 
17.30 a 20.30
Lugar: 
MARCO Espazo Anexo (praza peonil posterior)

Docentes: Iria Vázquez López, Marco Maril e Macarena Montesinos
Coordinación e deseño do seminario: Iria Vázquez López
Dirixido a: estudantes, profesorado e público en xeral
Organiza: Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en colaboración co MARCO
Datas: 17, 18 e 19 de setembro, 23, 24, 25, 26 e 30 de setembro, 2 e 3 de outubro 
Prazas limitadas a 20 participantes. Inscrición aberta ata o 9 de setembro
+ INFO sobre inscricións e matrícula en

https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4923

[Estudantes UVigo: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo de asistencia para recoñecemento de 1 crédito ECTS].

O LABORATORIO DOS SENTIDOS II

Este seminario teórico-práctico ten como obxecto afondar na natureza sensorial do coñecemento e no carácter sinestésico da creación, a través dun enfoque interdisciplinar e contextual, aprendendo distintos procedementos, técnicas e dinámicas baseadas no desenvolvemento e intensificación da nosa conciencia corporal, sensorial, intuitiva e medioambiental.

Obxectivos

Coñecer a historia dos sentidos, das ideas e teorías que foron conformando a súa xerarquízación e concepción.

Aproximarse ás prácticas artísticas contemporáneas e doutros momentos históricos, dende unha perspectiva de xénero.

Explorar a influencia e interacción entre as distintas artes e disciplinas: pintura, escultura, fotografía, poesía, danza e arte sonora.

Conectar coa dimensión que ten cada un dos nosos sentidos no coñecemento da realidade.

Realizar propostas artísticas baseadas na sinestesia, na interacción e correspondencias entre distintos estímulos perceptivos e sensoriais.

Xerar un espazo propicio para a experimentación, a comprensión e o xogo dende a subxectividade e a propia experiencia.

Avance contidos/programa

  • Iria Vázquez. Viaxe polas lonxitudes de onda: o espazo e a mirada. Fenomenoloxía da percepción na creación artística. Presenza, apariencia e memoria. A mirada selectiva. Paseos cromáticos. Ver, debuxar, pintar, rexistrar.

  • Iria Vázquez. A trama sensible: desdebuxar formas no espazo. Presenzas en movemento. A concepción pictórica e gráfica en oriente. O xesto, o pincel e o trazo. O ritmo invisible. A experiencia corporal e a respiración nos procesos de creación.

  • Macarena Montesinos. Escoitar imaxes/ver sons: desafiando os límites entre música e artes visuais. Representacións gráficas que evocan o son. Novas prácticas artísticas e instalativas que constrúen a través do son.

  • Iria Vázquez. A composición do gusto. As densidades da imaxinación. Libros de artista, ensamblaxes e acumulacións.

  • Marco Maril. Xogos sonoros: escoita atenta e activa dos espazos que habitamos. Contaminación acústica. Creación, paseos e paisaxismo sonoro.