
O CORPO NA ARTE CONTEMPORÁNEA DENDE UNHA PERSPECTIVA INTERDISCIPLINAR
Curso de Extensión Universitaria – Universidade de Vigo
Do 23 de setembro ao 9 de outubro de 2026
Docentes: Olga Cameselle, Su Garrido, Marco Maril, Macarena Montesinos, Maria Roja, Iria Vázquez López
Coordinación: Iria Vázquez López
Dirixido a: estudantes, profesorado e público en xeral
Organiza: Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en colaboración co MARCO
Lugar: MARCO Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Este curso propón unha aproximación teórica e práctica ao papel do corpo na arte contemporánea desde unha perspectiva interdisciplinar. A partir das transformacións producidas nas prácticas artísticas ao longo da segunda metade do século XX, analizarase como o corpo se converteu nun dispositivo central de creación, investigación estética e reflexión política. O programa abordará a emerxencia da performance e das prácticas de acción, así como as correspondencias entre diferentes disciplinas artísticas —artes visuais, danza, teatro, música experimental e poesía sonora— nas que o corpo opera como eixe vertebrador do proceso creativo.
Prazas limitadas a 20 participantes. Inscrición aberta ata o 15 de setembro
+ INFO sobre programa, inscricións e matrícula en https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=5320