MARCO Extramuros Roteiro Porta do Sol
O sábado 30 de novembro, ás 11.00 propoñémosvos un roteiro moi interesante por parte da obra do arquitecto Manuel Gómez Román (Vigo 1876-1964), da man de Rosa Saenz.
Iniciaremos o percorrido na Porta do Sol, diante do edificio Simeón e remataremos na rúa do Doutor Cadaval. Poderemos observar parte da longa traxectoria profesional de Manuel Gómez Román, ilustrada en tres etapas: modernista, de postulación e rexionalista, a través de edificios que hoxe forman parte da historia de Vigo. Tamén facer fincapé en que levedes un calzado cómodo para disfrutar ao máximo da experiencia.
CONFIRMACIÓN E RESERVAS DE PRAZA:
O límite de prazas para o roteiro é de 25 persoas.
As persoas interesadas poderán inscribirse enviando un mail a recepcion@marcovigo.com a partir do martes 26 ás 11.00, e as prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de chegada.