rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
FRANCISCO MENDES MOREIRA. Pena miga

FRANCISCO MENDES MOREIRA. Pena miga

Ficha

Datas: 
11 xuño 2026 - 27 setembro 2026
Lugar: 
Galería e sala perimetral B1 (1º andar)
Horario: 
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisariado: 
Miguel Fernández-Cid
Comisariado: 
Pilar Souto Soto

De Francisco Mendes Moreira (Coimbra, 1979) insístese na súa condición de artista autodidacta, cando o importante é o seu empeño en camiñar sen referentes xeracionais, buscando soportes, solucións e imaxes a través das cales explica a súa visión do mundo. Pinta sobre cartóns atopados, sobre manteis, teas e edredóns; realiza obxectos en papel maché, dialoga cos espazos. Parte do próximo e mestúrao con referencias a unha cultura tan ampla e diversa que lle permite relacionar a Brueghel, Piero, a pintura clásica, Picasso, o surrealismo, Philip Guston, a banda deseñada, a música tradicional, o blues, Kerouac, Bob Dylan, The Doors, Neil Young, referencias ao cinema, a pasaxes, versos ou títulos de cancións.

Directa e ao tempo misteriosa, a súa obra provoca unha forte inquedanza inicial, que nos fai preguntar: de onde sae un artista tan pouco convencional, tan libre? Sen dúbida, da necesidade de expresarse. Traballa á procura do que suceda, parte de algo que sitúa no soporte e a pintura lle suxire por onde seguir. Nada é homoxéneo nin ríxido, todo xorde e decídese no proceso. A pintura avanza en capas e defínese no diálogo entre personaxes, formas e acción. E existe algo turbador coa escala, ou no xeito de levar as cores cara aos grises… Cousas que suceden cando a pintura é libre, visceral, e comparte humor e rigor.

Nos cadros chaman a atención os xogos de espellos, de miradas, de direccións, a presenza de máscaras. Os corpos teñen ás veces unha articulación case mecánica; cada personaxe é independente no formal, pero a escena está integrada, é uniforme e dinámica; ao final, as obras relaciónanse e créase unha especie de historia narrativa, noutra invención engadida.

Miguel Fernández-Cid / Pilar Souto Soto, comisarios da exposición

INFORMACIÓN XERAL / DOCUMENTACIÓN / ACTIVIDADES


Programación para escolares

Colabora: Fundación ”la Caixa”
Ata o 25 de xuño
Horario: de martes a venres de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com

Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas

Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 16 de xuño
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / comunicacion@marcovigo.com

Obradoiros de verán para público infantil e familiar

Colabora: Fundación ”la Caixa”
A partir do 7 de xullo
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / recepcion@marcovigo.com

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.

Artistas

FRANCISCO MENDES MOREIRA


Francisco Mendes Moreira
(Coimbra, Portugal, 1979) vive e traballa en Algés, Lisboa. Nos últimos anos, a súa extensa obra adquiriu gran visibilidade e difusión, tanto en Europa como pola súa participación en exposicións internacionais en Norteamérica e Australia.

Mendes Moreira traballa con materiais reciclados e diferentes técnicas, predominantemente pintura ao óleo, pastel ao óleo, madeira, colaxe e papel-maché. Intenta sacar o máximo partido dos materiais que ten a man, baseándose nun proceso de traballo intuitivo no que é o día a día, xunto a outras circunstancias, o que determina os procesos e o resultado. A cabalo entre figuración e abstracción, os seus debuxos e pinturas exploran temas universais relacionados coa condición e a experiencia humana.

Exposicións individuais: Flock (Galería Alzueta, Madrid, 2025); At the Golden Lion (Galerie Masurel, Lyon, 2025); Backpack almanac (Everyday Gallery, Amberes, 2024); Caniggia (Galerie Slika, Lyon, 2023); 50 ways to leave your lover (Galeria Trinta, Santiago de Compostela, 2023); Pony (Alzueta Gallery, Barcelona, 2022); Someone to talk to and a new hiding place (NBB Gallery, Berlín, 2021); Bring a friend to the end (with Fernão Cruz, SADE gallery, Los Angeles, 2020); Milonga sentimental (Galeria Trinta, Santiago de Compostela, 2019); The primordial soup shuffle (Public Gallery, Londres, 2019); Três elefantes (Lisboa, 2007)

Selección exposicións colectivas: Art Verona (Annarumma Gallery,2019); Deep down above the sea (Lisboa, 2019); Divergent motion (Delphian Gallery, Londres, 2019); The island show (Kant Galleri, Dinamarca, 2019); Smuggling Vanilla - con Jordy Kerwick, Galerie 42b, París, 2019); A take on paper (Kant Galleri, Copenhage, 2019); Cola cuspo (Espaço AZ, Lisboa, 2018); Ghosts of electricity (Smoke the moon, Los Angeles, 2018); Return of polite (Nova York, 2018); Depict the mask (cgk Galleri, Copenhage, 2018); Like no other (Annarumma Gallery, Nápoles, 2018); Got it for cheap (Barcelona, 2018); Rude assembly (Sydney, 2018); Paper cuts (Londres, 2017); Casa da Dona Laura (Lisboa, 2017); We are the ones (cgk Galleri, Copenhage, 2017); Got it for cheap (itinerante, 2017); New slang (Den-holm studios, Melbourne, 2016)

+ INFO https://franciscomendesmoreira.wordpress.com