Fondos
Taboa de contidos
- Fondos
- Catálogo
A aplicación que se utiliza para consultar a través da web o catálogo da Biblioteca-Centro de Documentación é o Proxecto MEIGA, pertencente á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Se preme no seguinte vínculo, pode consultar o catálogo en liña.
> Consulta do catálogo
TIPO DE BUSCA
Pódese buscar por listado alfabético, por palabra chave contida no valor que estamos a buscar ou ben procurando a frase exacta.
VALORES DE BUSCA
A busca pódese realizar por título, autor, materia, serie, CDU, editorial ou ISBN, considerando o seguinte:
- Título: os artigos "o, a, os, as", as súas traducións e os números non alfabetizan, isto é, que se haberán de omitir
Por exemplo: Surrealismo [O]
- Autor: consideramos como autores aos artistas, comisarios, autores de ensaios... e a busca faise polo apelido.
Por exemplo: Bourgeois, Louise
- Materia: estará sempre en galego. O uso de maiúsculas e acentos non afecta aos resultados da busca. Para unha maior información no caso de buscar documentación sobre un artista, haberá que indicar o apelido en "materia" para que se inclúan tamén os catálogos colectivos nos que participa.
RESULTADO DA BUSCA
Os resultados da busca ordenaranse alfabeticamente
Cando hai máis de 10 resultados, pódese pasar a páxina premendo sobre os números que aparecen no extremo superior dereito do listado
Para buscar o libro no andel, haberá que guiarse pola chave de localización que se indica no resultado da busca e que está rotulada na parte superior dereita de cada andel
Por exemplo: Localización: CAT.C/118 atoparase no andel CAT.C (Catálogos de exposicións colectivas), número currens 118
As monografías e catálogos de artistas presentaranse por orde alfabética