DIM 2024. LUMES no Anexo / Xornada de robótica, educación dixital e IA
DIM 2024 no MARCO
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Museos pola educación e a investigación
Programacion especial do mércores 15 ao sábado 18 de maio
Neste 2024, o MARCO celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio) cun programa de actividades para distintos públicos, que se desenvolverá do mércores 15 ao sábado 18 de maio. En liña co lema elixido polo ICOM para esta edición, trátase de subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomenten experiencias de aprendizaxe conscientes, sostibles e integradoras.
Museos pola educación e a investigación
“Os museos son centros educativos dinámicos que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. En 2024, recoñecemos a súa contribución á investigación, proporcionando unha plataforma para a exploración e a difusión de novas ideas. Dende a arte e a historia ata a ciencia e a tecnoloxía, os museos son espazos vitais onde a educación e a investigación converxen para dar forma á nosa comprensión do mundo.”
+ INFO en ICOM https://n9.cl/c0512
#DIM2024 #IMD24 #MuseosEducacionInvestigacion #InternationalMuseumDay #Museums4Education #Museums4Research @ICOMOfficiel
LUMES no Anexo / Xornada de robótica, educación dixital e IA
Obradoiro de robótica, exhibición/competición de robots, e faladoiros sobre proxectos punteiros en novas tecnoloxías
Organizado por Asociación Cultural no Meio e Meio, e conducido por profesionais do ámbito da robótica educativa, robótica aplicada, uso das tecnoloxías e Intelixencia Artificial
En liña co lema do Día Internacional dos Museos 2024, esta xornada ten como principal obxectivo formular algúns dos desafíos da aprendizaxe no século XXI, a cabalo da creatividade, a imaxinación, e o método científico. Trátase de ofrecer ferramentas modulares, prácticas e lúdicas, para a inclusión dixital dos maiores, e para unha saudable alfabetización virtual dos menores.
A través dun programa dinámico e participativo, que inclúe un obradoiro para público familiar, unha mostra/exhibición de autómatas, e sesións de intercambio de experiencias con profesionais e microempresas do ámbito das novas tecnoloxías, estimularemos as habilidades culturais e o pensamento lóxico a través do traballo en grupo e a comunicación interxeracional.
De 11.00 a 14.00
Robótica educativa
Obradoiro en familia (construción dun Escornabot) conducido por ROBOteach
Para público infantil de 8 a 12 anos acompañados de personas adultas
Escornabot: robot educativo programable, Open Source, deseñado en Galicia e testado amplamente para diferentes niveis de coñecemento.
Gratuíto. Prazas limitadas a un máximo de 8 grupos familiares de ata 3 persoas
Imprescindible inscrición e reserva a través do email comunicacion@marcovigo.com
De 16.30 a 17.45
Robótica de competición
Exhibición de autómatas (robots sigueliñas, minisumo e resolve-labirintos) conducida por OPRobots
Entrada libre ata completar capacidade
Mostra práctica de robots de campionato, polo equipo galego de competición OPRobots, fundado en Vigo en 2017.
De 18.00 a 18.45
Robótica aplicada/Agrorobótica
Faladoiro con Binarial S.L.
Entrada libre ata completar capacidade
Binarial, start-up compostelana no ámbito da innovación tecnolóxica, preséntanos o seu robot educativo Compy, xunto a outras liñas de traballo e aplicacións de robótica colaborativa para o sector industrial.
De 19.00 a 19.45
Tecnoloxía e escola
Faladoiro con Almudena Alonso Ferreiro
Entrada libre ata completar capacidade
Mestra, psicopedagoga especialista en Educación Infantil, e investigadora, a súa charla xirará ao redor da incorporación e aplicación das tecnoloxías dixitais nos centros de ensino.
De 20.00 a 21.10
IA ética e responsable
Faladoiro con Amparo Alonso Betanzos
Entrada libre ata completar capacidade
Xunto a Amparo Alonso, coordinadora do grupo de investigación LIDIA [Lab i+d IA] do Centro de Investigación en TIC (CITIC) da UDC, descobriremos moito máis sobre os retos da Intelixencia Artificial e o seu potencial transformador en ámbitos como a economía, o emprego, ou a educación.