rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DIDÁCTICA. Programación para escolares

DIDÁCTICA. Programación para escolares

Datas: 
15 outubro 2024 - 31 maio 2025

Dende a área de DIDÁCTICA do MARCO estamos actualizando a programación para ESCOLARES desta tempada, con novas propostas educativas en torno ás exposicións temporais, que como sabedes están dirixidas a todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, dende os 3 ata os 18 anos.

A experiencia consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-obradoiro relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo) situada na praza peonil posterior. Tanto a visita como o obradoiro están especialmente adaptados aos distintos grupos, con propostas diferenciadas para cada grupo de idade.

CONTIDOS:

A partir de novembro as visitas e obradoiros terán como eixo expo da artista Susanne Themlitz https://susannethemlitz.net/, que se inaugurará nese mes nos espazos da planta baixa.

Antes desa data podemos traballar sobre a propia arquitectura do edificio, e tamén sobre a mostra de Bosco Caride, que se vai prorrogar un tempo.

https://www.marcovigo.com/content/bosco-caride-indicios

Para grupos de Bachillerato/FP, a individual de Laía Argüelles Folch, en salas ata o 10 de novembro.

https://www.marcovigo.com/content/la-arg-elles-folch-todav-siempre

A participación e gratuíta e os grupos están limitados a 20/25 participantes.

En caso de grupos máis numerosos, dividímolos e alternamos a visita+obradoiro, adaptándonos na medida do posible ás vosas necesidades.

HORARIOS:

Martes, mércores, xoves e venres
1ª quenda: de 10.00 a 11.30 / 2ª quenda: de 11.30 a 13.00 

Para participar, é necesaria reserva a través deste mesmo email comunicacion@marcovigo.com ou o de taquilla recepcion@marcovigo.com, cos datos básicos:

NOME DO CENTRO
Persoa de contacto (email + tfno)
Nº participantes
Cursos
Idades
DATAS E HORARIOS PROPOSTOS

Calquera outra observación ou particularidade do grupo que consideredes necesaria.

Para calquera dúbida ou consulta, estamos tamén dispoñibles nos teléfonos:

986 113900 extensión 200 (taquilla / Amaya)
986 113900 extensión 308 (comunicación e didáctica / Marta)