rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DIDÁCTICA ESCOLARES. Obradoiros “BIT A BIT. A evolución dos videoxogos”,

DIDÁCTICA ESCOLARES. Obradoiros “BIT A BIT. A evolución dos videoxogos”,

Datas: 
7 outubro 2025 - 10 outubro 2025

Do 7 ao 10 de OUTUBRO o Espazo Anexo do MARCO acolle “BIT A BIT. A evolución dos videoxogos”, unha mostra de videoxogos retro, organizada pola Fundación Carlos Casares no contexto das VII Xornadas de Videoxogo e Literatura que se celebran no Museo. A mostra serve de base para unha charla e visita interactiva, explorando as distintas mesas temáticas, todo conducido por persoal experto nas varias xeracións de videoxogos.

DESTINATARIOS

Escolares a partir de 9 anos. Máximo 25 participantes por grupo

DATAS: martes 7, mércores 8, xoves 9 e venres 10 de outubro

HORARIOS

1ª quenda: de 10.00 a 11.30 / 2ª quenda: de 11.30 a 13.00

Toda a programación é gratuíta e para participar, é necesaria reserva a través do correo-e comunicacion@marcovigo.com