Diálogo entre Pilar Alonso e Carlos Spuch
Convidámosvos a un diálogo ben creativo e dinámico na sala MARCOteca (1º andar) da man da Fundación CorBI.
Os nosos relatores, Pilar Alonso (artista plástica) e Carlos Spuch (PhD, Neurocientífico, Instituto Investigación Galicia Sur) trazarán entre os dous un diálogo sobre a creatividade dende dous puntos de vista que poden semellar, de primeiras, ben diferentes.
O punto de saída está claro, mais a conversa fluirá e viaxará ata un espazo ao que teremos que chegar saltando entre dúbidas e respostas, seguindo o nexo de unión que fai que Pilar, --quen como artista emprega a creatividade como unha ferramenta esencial-- e Carlos --para quen na súa área de traballo o obxecto de estudo é o propio cerebro, sede da capacidade creativa-- poidan dalgún xeito e dende ópticas diferentes, atopar puntos non de todo excluíntes entre a arte e a ciencia.