rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
DEBUXA A CIDADE. Charla-conferencia de Salvador Fraga e Jaime Blanco

DEBUXA A CIDADE. Charla-conferencia de Salvador Fraga e Jaime Blanco

Datas: 
31 marzo 2026
Lugar: 
Salón de actos do MARCO
Horario: 
19.00
Prezo: 
ENTRADA LIBRE ata completar capacidade


Unha conferencia de Salvador Fraga, arquitecto
Presenta: Jaime Blanco, arquitecto
Organiza: AAM Agrupación Amiga do MARCO

Quen debuxa adopta un punto de vista. En certo modo, adopta un encadre científico. Analiza luces, sombras, evidencias, o oculto e o implícito. Logo, plasma deducións, ben en liña clara, difusa, en trazo... ou en manchas de cor.

Quen debuxa a cidade onde vive, ademais, rastrexa o don de entendela, a disposición pedagóxica de explicala, a ambición de idear cambios saudables... o desenlace de cooperar. Compromisos todos, ligados polo debuxo da cidade.

A memoria urbana de Vigo, a súa ría e o seu porto, dunha ou outra forma, está debuxada. Ben sexa en Plans Xerais, proxectos de obra, material visual documentado, ou ficcións artísticas. Todo un universo cheo de perspectiva, ao que dirixir a mirada.