rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
CURSO DE ARTE. Aproximación ao proceso creativo escultórico nos séculos XX e XXI. Do monumento á performance

CURSO DE ARTE. Aproximación ao proceso creativo escultórico nos séculos XX e XXI. Do monumento á performance

Datas: 
15 outubro 2025 - 15 abril 2026
Horario: 
MÉRCORES de 19.00 a 20.30
Lugar: 
Galería A3, planta baixa

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Total sesións: 23

PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 16 de setembro

Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da AAM Agrupación Amiga do MARCO e para estudantes, previa acreditación).

Posibilidade de pago fraccionado nos termos que se detallan na ficha de inscrición.

Aproximación ao proceso creativo escultórico nos séculos XX e XXI

A escultura é unha das Belas Artes na que o artista utiliza como medio de expresión a creación de figuras ou obxectos tridimensionais, é dicir volumes, que á súa vez conforman e definen espazos, e faino a través de materiais, técnicas, temas e linguaxes moi diversas que evolucionaron e variaron ao longo da historia. Todos estes cambios experimentados pola práctica escultórica están condicionados polos diferentes contextos sociais nos que se insire, e tamén pola evolución na percepción das obras de arte a través dos séculos.

Ao iniciarse o século XX, ao tempo que o mundo asiste ao nacemento dunha sociedade radicalmente nova, tamén o fai a escultura, que será a actividade artística que experimente os cambios máis revolucionarios, centrados sobre todo en dous momentos: 1906-1930 e 1960-1970, auténticos epicentros da expansión do concepto escultórico. Nos seus últimos 125 anos de vida, o concepto escultórico clásico será analizado e redefinido en toda a súa profundidade, a través de exploracións plurais e camiños diversos. A escultura revélase, ensimésmase, emancípase, faise maior, logrando unha conquista estética do indefinido e unha ampliación dos seus horizontes.

Programa/Calendario no apartado de Descarga.