rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
Contacontos + taller con Soledad García: "URCO, unha historia reciclada"

Contacontos + taller con Soledad García: "URCO, unha historia reciclada"

Datas: 
4 xullo 2025
Horario: 
11.00
Lugar: 
Espazo Anexo (praza peonil posterior)

Este venres 4 de xullo temos unha convidada moi especial: a escritora Soledad García, quen na compaña da súa cadela e do persoal de Didáctica do MARCO presentará o seu libro sobre o can Urco, que se entregará como agasallo durante esta sesión de contacontos.

A historia de Urco está vencellada á campaña «Adóptame en Vigo», unha iniciativa de sensibilización sobre a adopción de animais posta en marcha dende o Concello de Vigo, que ten como eixo a educación na tenencia responsable de mascotas, e que se desenvolve en centros educativos, clínicas veterinarias, parques e bibliotecas públicas.

Presentación do libro URCO, unha historia reciclada

Contacontos/obradoiro con Soledad García
Para público infantil de 3 a 6 anos

Venres 4 de xullo, de 11.00 a 12.30
MARCO, Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Prazas limitadas ata completar capacidade 

INSCRICIÓNS a partir do mércores 25 de xuño, exclusivamente a través do email de TAQUILLA ????recepcion@marcovigo.com

Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
Tel. 986 113900 extensión 200