BOLSAS E PROXECTOS ESTATAIS Becas para la realización de proyectos artísticos NOVO Convoca: Fundación Bilbao Arte Fundazioa Descrición: poderán presentarse á convocatoria todas as persoas que acrediten unha traxectoria artística e académica solvente, con independencia da idade e orixe. Valoraranse positivamente aquelas propostas que versen sobre a realidade do contexto de Bilbao e que teñan necesidade de utilizar os distintos medios materiais e persoais que a través dos obradoiros ofrece a Fundación. Dotación: non consta Data fin: 13 de novembro de 2015 Máis información Convocatoria Residencias 2015/2016 NOVO Convoca: Fabra i Coats, Barcelona Descrición: convocatoria aberta para a cesión de espazos a xestores, produtores, difusores e dinamizadores culturais, microempresas e pequenas empresas do eido cultural, creadores e asociacións culturais. Dotación: non consta Data fin: 13 de novembro de 2015 Máis información Becas BBK – Museo de Bellas Artes de Bilbao 2016-2017 NOVO Convoca: BBK e Museo de Bellas Artes de Bilbao Descrición: concesión de bolsas de investigación que teñen como obxecto a realización de estudos para: elaborar monografías e catálogos razoados dunha serie de artistas presentes no Museo; a colección de miniaturas do Museo de Bellas Artes de Bilbao; estudo e catalogación; historia da fotografía en Bilbao desde os anos 80; o mercado da arte e coleccionismo en Bilbao desde a posguerra ata o Guggenheim. Poderán optar ás bolsas, persoas nadas ou residentes na Unión Europea. As bolsas durarán un ano ampliable. Dotación: 1.000€/mensuais Data fin: 15 de novembro de 2015 Máis información Beca de Producción DKV Seguros – Álvarez Margaride NOVO Convoca: LABoral e DKV Seguros Descrición: o obxectivo desta bolsa é outorgar unha residencia de produción a un artista español, nado a partir de 1975, para a realización dun proxecto que utilice as novas tecnoloxías, na súa visión máis ampla. Dotación: un máximo de 2.000€ en concepto de honorarios e 8.000€ en concepto de bolsa de produción. Data fin: 16 de decembro de 2015 Máis información CURSOS E OBRADOIROS AUTONÓMICOS Mis personajes ocultos. Taller de comunicación, voz e improvisación NOVO Convoca: MAC, A Coruña Descrición: as técnicas propias das artes escénicas ofrecen a posibilidade de recoñecer e xestionar todos eses ángulos dos que non se é plenamente consciente, favorecendo así o autocoñecemento e a capacidade comunicativa. Neste curso comprobarase como a máscara, lonxe de ocultar a nosa personalidade, permite dominar as emocións para conseguir unha óptica comunicación dos nosos pensamentos e ideas. Prezo: 90€ Datas: 13-14 de novembro de 2015. Inscricións ata o 11 de novembro de 2015 Máis información Autobiografía, autorretrato y construcción artística NOVO Convoca: MAC, A Coruña Descrición: este obradoiro versa sobre o achegamento á autobiografía e o autorretrato como punto de partida, buscando un nexo entre o real e a experiencia artística, contemplando varias formas de construción da obra, desde a literalidade, a simbolización, a abstracción ou a transformación nun relato de ficción. Prezo: 80€ Datas: 20-22 de novembro de 2015. Inscricións ata o 18 de novembro de 2015 Máis información ESTATAIS Gilles Deleuze y la geología de la creación NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: o programa está articulado en dous “eixos”: “Ritomellos y carturreos” e “Cartografías da imaxe”, que abordarán dúas áreas fundamentais na estética deleuziana: a música e a imaxe (cine, fotografía, plástica, etc.) Prezo: 10€; Amics MACBA: de balde Datas: 6-7 de novembro de 2015 Máis información Neurociencia y educación: ¿cómo podemos jugar, aprender y ser más creativos?. Debates de educación a cargo de Paul Howard-Jones NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: o debate xirará en torno a estas cuestións: existen mitos sobre o desenvolvemento do cerebro dos nenos?, ofrecen os xogos experiencias de aprendizaxe positivas?, cómo poden aplicarse en educación?, cómo podemos xogar, aprender e ser máis creativos? Como inflúe a tecnoloxía nos nenos? Hai algunas idades máis importantes ca outras para a aprendizaxe?, como cambia o cerebro a aprendizaxe de novas habilidades e impacta na nosa maneira de aprender ao longo da nosa vida? Prezo: de balde, previa inscrición Data: 10 de novembro de 2015 Máis información Bonus Track NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: a aprendizaxe levarase a cabo a partir da produción artística e visual dunha selección de artistas desde a segunda metade do século XX ata hoxe. Bonus Track traza unha evolución conceptual e temática da arte contemporánea, utilizando todo tipo de referentes, desde os fanzines da década dos setenta ata os seriais de televisión actuais. Prezo: 5€/sesión; 3€/sesión con carné de estudante; de balde: amics MACBA. Con previa inscrición Data: 11 de novembro-2 de decembro de 2015 Máis información V Encuentro sobre redes en museos y centros de arte NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: o encontro estará adicado a analizar diferentes aspectos da actividade dixital e espazos en liña de museos, centros de arte e plataformas do sector cultural. Prezo: xeral: 20€; estudantes, desempregados e xubilados: 10€; amigos do MUSAC: de balde Datas: 14 de novembro de 2015 Máis información Taller Encuentro con Valérie Mréjen NOVO Convoca: Bilbao Arte Descrición: do 16 ao 20 de novembro en Bilbao Arte haberá a ocasión de achegarse ao traballo da artista Valérie Mréjen. Ao longo da semana exhibiranse algúns dos traballos da autora, e chegado o xoves 19 de novembro impartirá un interesante obradoiro para a creación artística que culminará coas proxeccións dunha selección das súas películas en versión orixinal subtitulada en inglés. Prezo: xeral: 20€; artistas e usuarios de Bilbao Arte: 15€ Data: 16-20 de novembro de 2015 Máis información Taller de Colorismo Pictórico NOVO Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid Descrición: nos procesos de creación pictórica alcanzan un protagonismo singular as actitudes en torno ao colorido. Ata a manifestación das primeiras tendencias posmodernas na arte, o criterio predominante foi o da uniformidade estrutural. Coa chegada do neoexpresionismo, estas tendencias liberáronse de corsés ao colorismo. O obradoiro vai dirixido a persoas interesadas en actualizar, redefinir e desenvolver a súa propia expresividade pictórica a través do colorismo. Prezo: xeral: 75€; socios CBA e desempregados: 60€ Datas: 16-19 de novembro de 2015 Máis información V Seminario de Arte e Inclusión Social NOVO Convoca: Museo Picasso de Málaga Descrición: seminario dirixido a profesionais do sector museístico e cultural, xestores culturais e sociais, expertos en cooperación ao desenvolvemento e axentes sociais. Existe a posibilidade de solicitar unha bolsa para desempregados e estudantes que cubre o 50% do custe do seminario. O relatorio inaugural é con entrada libre. Prezo: 100€ Datas: 3-4 de decembro de 2015 Máis información ¿Qué puede la arquitectura en la cultura de los comunes? Susana Velasco NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: a sesión estará adicada a pensar a partir dunha experiencia: a do pequeno museo do comunal, que tivo lugar sobre unhas terras comunais en desuso, en compañía de veciños e veciñas de Almonaster La Real (Huelva). Alí comenzou a formarse unha colección: de documentos, imaxes e encontros que contan como son quen de organizarse as forzas comúns. Prezo: non consta Data: 9 de decembro de 2015 Máis información La huella del artista NOVO Convoca: CCCB, Barcelona Descrición: unha gran parte da animación española foi experimental, xa que funcionaba baixo o principio de proba e erro. Pero nesta sesión recollense outras experimentacións, as do eido artístico. En España non faltan nombres revelantes neste campo: Iván Zulueta, José Antonio Sistiaga, Frederic Amat, etc. Prezo: de balde Data: 10 de decembro de 2015 Máis información Cine documental de creación: un arte verdadero NOVO Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid Descrición: o cine documental ten os seus cimentos no descubrimento do mundo e do ser humano. A través de testemuñas, historias e situacións, evidencia a diversidade da realidade, ao crear relatos cinematográficos autónomos, coas súas propias regras de narración e estruturas dramáticas. O obradoiro será teórico e práctico, con visionado de varias películas emblemáticas do xénero. Prezo: xeral: 330€; socios CBA: 265€ Datas: 9-15 de decembro de 2015 Máis información PREMIOS ESTATAIS Certamen Internacional de Fotografía de Montaña, Naturaleza y Aventura “Memorial María Luisa” NOVO Convoca: Memorial María Luisa, Infiesto (Asturias) Descrición: poderán participar todos os fotógrafos, afeccionados ou profesionais, que o desexen. Os dereitos de participación serán de 18€ para adultos e de balde para menores de 20 anos. As categorías son: paisaxe de montaña; alpinismo; escalada; aventura e deporte extremo; home na montaña e/ou natureza; mundo animal; mundo vexetal; mundo sumerxido; biodiversidade; paisaxe natural; foto creativa; foto macro; tema do ano (a montaña e a natureza vestidas de branco). Premios: gañador absoluto de todas as categorías: 3.000€ + trofeo + diploma; gañador dalgunha das categorías: 300€ + trofeo + diploma; premio ao concursante novel: tablet Samsung + trofeo + diploma Data fin: 1 de decembro de 2015 Máis información IV Concurso de Cartelismo “Luis Aldehuela” NOVO Convoca: Ayuntamiento de Andujar, Xaén Descrición: poderán participar todos aqueles que o desexen. Os traballos poden presentar calquera técnica artística. O tema será a realización dun cartel anunciador da romería de “Ntra. Sra. La Virgen de la Cabeza” Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.000€ Data fin: 1 de decembro de 2015 Máis información I Certamen de Fotografía “El Objetivo” NOVO Convoca: Editorial Pasos Descrición: poderán participar, sen límite de idade, todas aquelas persoas que o desexen. O tema será libre. Premios: 1º premio: 550€; 2º premio: 200€; 3º premio: 50€ Data fin: 1 de decembro de 2015 Máis información XII Concurso de Pintura “Desideri Lombarte” NOVO Convoca: Ayuntamiento de Peñarroya de Tastavins, Teruel Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros cunha soa obra inédita e recente, de temática e medidas libres. As obras seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premio: 700€ Data fin: 3 de decembro de 2015 Máis información II Concurso de Fotografía Tony Abbot NOVO Convoca: Ajuntament de Jesús Pobre Descrición: poderán participar fotógrafos afeccionados ou profesionais, de calquera nacionalidade, residentes en España. Os temas serán: a) natureza. En toda a súa amplitude e modalidade: paisaxe, flora, fauna, que representen e ensalcen a beleza do mundo natural, macro, submarina, etc. b) paisaxismo rural de Jesús Pobre. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición. Premios: 1º premio “Natureza”: 600€; dous accésits “Natureza: 50€ cada un; premio “Paisaxismo rural de Jesús Pobre”: 600€; premio “Bioklimátika”: 300€ Data fin: 7 de decembro de 2015 Máis información XXXVII Concurso Boceto para el Cartel de la Fiesta del Olivo NOVO Convoca: Comisión Organizadora de la Fiesta del Olivo, Mora (Toledo) Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen. A técnica é libre, e poden utilizarse as cores que consideren convenientes. O tema do bosquexo estará relacionado coa festa do olivo e a poboación de Mora. Premios: dous premios de 600€ cada un Data fin: 26 de febreiro de 2015 Máis información |