BOLSAS E PROXECTOS AUTONÓMICA Convocatoria do #EAN6 NOVO Convoca: Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela Descrición: ábrese a convocatoria para que un total de 40 creadores emerxentes dean a coñecer os seus traballos e debatan ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais. Prezo: non consta Datas: 28 de agosto-1 de setembro de 2016. Inscricións ata o 1 de xullo de 2016. Máis información ESTATAIS Becas Fundación Botín de Artes Plásticas NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: convócanse oito bolsas de artes plásticas destinadas á formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade. Destas, duas, destinaranse con prioridade para artistas menores de 30 anos para trasladarse ao estranxeiro co obxecto de continuar o seu traballo, estudo ou estadía en residencia. Dotación: 23.000€ cada bolsa Data fin: 6 de maio de 2016 Máis información Convocatoria de Residencia Artística EUFÒNIC/LO PATI 2016 NOVO Convoca: Eufònic e Lo Pati Descrición: dirixido a creadores residentes na Unión Europea que desexen realizar un traballo de investigación en residencia durante a primavera/verán do 2016. Os criterios para avaliar á selección serán: o carácter experimental e innovador na investigación de novas liñas de traballo ao redor da arte sonora e visual; a súa relación intrínseca coa paisaxe sonora e visual das Terres de l’Ebre en xeral e do Delta de l’Ebre en particular; a súa viabilidade e capacidade de desenvolvemento. Dotación: desprazamento (ata 250€) e os gastos da estadía (manutención de 25€/día). Data fin: 12 de maio de 2016 Máis información Presentación de proxectos para “XXIII Jornadas de Estudio de la Imagen. La pantalla negra o blanca: el poder de ver imágenes juntos” Convoca: CA2M, Madrid Descrición: no cine, hai numerosas secuencias onde o pensamento despréndese libremente da imaxe para atravesar a pantalla na busca do espectador. Estas xornadas tratan de pensar na ensamblaxe das imaxes e o espazo para o común que se abre entre elas. En base a isto, ábrese unha convocatoria para a presentación de traballos de investigación en teoría e práctica artística que aborden os seguintes asuntos: a) estéticas comonistas: proxectos que apelen á produción dun mundo común que parece residual ante as constantes divisións ás que está sometido. Prácticas que intenten reactivar unha imaxinación do colectivo; b) Antagonismos colectivos: proxectos que se acheguen á produción de antagonismos colectivos e novas formas de cidadanía. Aceptaranse proxectos en castelán e inglés. Dotación: non consta Data fin: 18 de maio de 2016 Máis información Subvenciones de Residencias Artísticas NOVO Convoca: Ayuntamiento de La Puebla de Cazalla, Sevilla Descrición: convócanse catro subvencións de residencias artísticas destinadas ao fomento da arte e a cultura na súa dimensión máis social. Esta convocatoria está destinada a creadores en activo a nivel internacional, maiores de idade. O obxectivo da residencia, dun mes de duración, é realizar un proxecto artístico en colaboración co Centro Ocupacional de La Puebla de Cazalla. Dotación: 700€ + dietas + materiais Data fin: 14 de xuño de 2016 Máis información Beca de Creación Sonora NOVO Convoca: Hangar e Befaco, Barcelona Descrición: Hangar ofrecerá os seus espazos e material de producción de son e Befaco poñerá a disposición do seleccionado persoal experimentado. O período da residencia será entre setembro e novembro de 2016. Dotación: non consta Data fin: 15 de xuño de 2016 Máis información Beca DKV/Es Baluard a la Creación Videográfica 2016 NOVO Convoca: DKV e Es Baluard Descrición: convocatoria aberta a artistas e colectivos de nacionalidade española. Valoraranse aqueles proxectos orixinais e viables tanto de realización en función de prazos e orzamento, como viables tecnicamente. Dotación: 5.000€ + exposición Data fin: 15 de xuño de 2016 Máis información Becas Pilar Juncosa NOVO Convoca: Fundació Pilar i Joan Miró, Mallorca Descrición: as bolsas estarán relacionadas coas seguintes temáticas: investigación sobre Miró e o seu contexto artístico e cultural; sobre un proxecto de educación artística; de formación artística noutros centros; de formación para os gañadores do certame de arte gráfica para creadores novos e de formación para participar nos cursos dos obradoiros de obra gráfica de Joan Miró. Dotación: varía segundo a bolsa Data fin: 29 de xullo de 2016 Máis información INTERNACIONAL Residencias Artísticas en Vilanova da Cerveira NOVO Convoca: Fundação Bienal de Arte de Cerveira Descrición: o programa de residencias está aberto á participación de artistas nacionais e estranxeiros para a realización de proxectos artísticos, individuais ou colectivos. As candidaturas deben cumprir os seguintes criterios: pertinencia no ámbito da arte contemporánea; metodoloxía e organización; inserción da proposta no contexto artístico; portfolio e curriculum do candidato e adecuación da proposta ás condicións dispoñibles no ámbito do proxecto de residencias artísticas. O período da residencia será do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2016. Dotación: non consta Data fin: 31 de maio de 2016 Máis información Becas para Artistas y Arquitectos en Alemania NOVO Convoca: DAAD, Deutscher Akademisher Austausch Dients Descrición: a modalidade da bolsa completa ofrece dúas opcións: a) unha estadía (máximo dun ano) de creación durante a cal pode desenvolverse un proxecto artístico baixo a supervisión dun mestre/tutor alemán na universidade alemana; b) a realización dun programa de mestría en artes ou música que dure máximo dous anos. Dotación: 750€ mensuais + 460€ anuais para fins de estudo e investigación + billetes aéreos + seguro médico + curso previo de alemán + aloxamento e manutención Data fin: 31 de outubro de 2016 Máis información CURSOS E OBRADOIROS AUTONÓMICOS Poética y Política, taller impartido por Lluís Escartín NOVO Convoca: Agrupación Cinematográfica Galega, Vigo Descrición: os obxectivos do obradoiro serán: recoñecerse no traballo de escritura fílmica, sempre dende a liberdade temática e narrativa; achegarse a unha forma propia de “estar coa tua cámara” liberada de formas previas; coñecer, conversar e traballar xunto co videoartista que será o que lles acompañe na realización dunha peza grupal, unha peza sinxela, individual pero con conciencia do outro. Prezo: 180€ Datas: 26-29 de maio de 2016 Máis información Taller Picasso 2016 NOVO Convoca: MAC, A Coruña Descrición: impartido por Juan Luis Moraza. Un estilo é facilmente imitable nos seus resultados pero dificilmente repetible nos seus procesos. Mediante a tutorización de traballos e a intevención nos procesos de elaboración formulados polos alumnos, este curso práctico pretende incentivar un dobre compromiso de intensidade e de honestidade, tanto sensible como emocional, intelectual e ideolóxica, posibilitando unha experiencia significativa no eido da creación artística. Prezo: 120€ Datas: 5-9 de xullo de 2016. Inscricións ata o 31 de maio de 2016 Máis información Ponte a Ilustrar! Obradoiro de Ilustración por Kristina Sabaite NOVO Convoca: Simia Espacio e La Estación Coworking, Vigo Descrición: curso creativo (práctico) dirixido a persoas con ou sen experiencia interesadas en desenvolver a súa creatividade a través da ilustración. Prezo: 70€ Datas: xuño de 2016 (luns ou xoves de todo o mes) Máis información ESTATAIS Fieramente humanos. Estudios culturales sobre los años 40 NOVO Convoca: MNCARS, Madrid Descrición: o período da autarquía en España preséntase como unha década ominosa, caracterizada polo triunfo da estética e a ideoloxía franquista en todos as súas frontes. Este ciclo de conferencias, debate e pon en crise esta asunción a partir da mirada de seis historiadores e teóricos de diferentes ámbitos de estudo e xeracións. Prezo: non consta Datas: 10 de maio-14 de xuño de 2016 Máis información Pensar las humanidades NOVO Convoca: MNCARS, Madrid Descrición: na actualidade as humanidades perderon a concepción renacentista derivada das disciplinas lingüísticas, sociais ou filosóficas-históricas que formaban parte de todos os niveis de educación formal impartida aínda xa hai algunhas décadas. Esta situación reclama unha revisión das humanidades, analizando os cambios do contexto sociopolítico e económico actuais, as dinámicas de especialización académica dentro do conxunto das disciplinas humanistas e a problemática derivada do “transhumanismo”. Prezo: de balde Datas: 11-13 de maio de 2016 Máis información Locura, Creatividad y Arte NOVO Convoca: MUSAC, León Descrición: reflexión e debate en torno á figura de Salvador Dalí e a influencia entre a psicoanálise e o surrealismo. Prezo: de balde Data: 14 de xuño de 2016 Máis información Fotografía Documental en EEUU. Años 30 NOVO Convoca: IVAM, Valencia Descrición: conferencia impartida por Horacio Fernández en relación coas fotografías que ilustraron a historia da gran depresión americana. Prezo: de balde Data: 15 de xuño de 2016 Máis información Escuela de las Artes’16 NOVO Convoca: Círculo de Bellas Artes e UC3M, Madrid Descrición: cursos e obradoiros destinados a alumnos universitarios, profesionais e público en xeral interesado. Os obradoiros e cursos impartidos son: xestión cultural; arte e destrución; Orson Welles. Os traballos e os días; fotografía contemporánea; obradoiro de colaxe; obradoiro sobre a curación das imaxes e a arte de exhibir (teoría e práctica do comisariado); obradoiro de documentais. Prezo: varía segundo o curso/obradoiro Datas: a partir do 20 de xuño de 2016, varía segundo o curso/obradoiro Máis información XXIII Jornadas de Estudio de la Imagen NOVO Convoca: CA2M Centro de Arte Dos de Mayo, Móstoles Descrición: estas xornadas tratan de pensar no ensamblaxe das imaxes e o espazo para o común que se abre entre elas. Haberá conferencias e talleres simultáneos. Prezo: non consta Datas: 27-29 de xuño de 2016 Máis información Manifiestos Fílmicos Feministas NOVO Convoca: CCCB, Barcelona Descrición: este curso invita a pensar as influencias mutuas entre os discursos críticos dos feminismos e a creación cinematográfica, así como o papel do activismo audiovisual na interpretación e difusión dos seus idearios. Prezo: 45€; estudantes, amigos/as do CCCB, desempregados, pensionistas e maiores de 65 anos: 30€ Datas: 30 de xuño, 7 e 14 de xullo de 2016 Máis información PREMIOS AUTONÓMICOS Certame de Escultura Francisco Asorey NOVO Convoca: Asociación Cultural Francisco Asorey Descrición: poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Cada participante poderá presentar só unha obra, cun tema libre. Premios: 5.000€; dous accésits: 1.000€ cada un Data fin: 10 de xuño de 2016 Máis información ESTATAIS Premios Andratx 2016 NOVO Convoca: Ayuntamiento de Andratx Descrición: as categorías relacionadas coas artes plásticas dos premios Andratx son: pintura e fotografía. Poderán participar todos os artistas que o desexen, sen importar a súa nacionalidade ou lugar de residencia. O tema será libre. Premios: a) pintura: 4.000€; b) fotografía: 500€ Data fin: 27 de maio de 2016 Máis información Premio Boolino al mejor álbum ilustrado NOVO Convoca: Boolino, Beascoa e IMC Agencia Literaria Descrición: poderán participar todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado. Os autores deben ser maiores de idade e non importa a súa nacionalidade. O tema é libre. Premio: 3.000€ + publicación do libro + asociacións de promoción da obra valoradas en 6.000€ Data fin: 5 de xuño de 2016 Máis información |