rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina

BIBLIOTECA //CENTRO DE DOCUMENTACIÓN

Boletín de convocatorias. Febreiro-Marzo 2016

PREMIO DESTACADO

Premio MARCO/49 NORD 6 EST-FRAC LORRAINE/SFKM para novos comisarios 2016    NOVO
Convoca: MARCO, Vigo; 49 NORD 6 EST-FRAC LORRAINE, Metz e SFKM, Førde
Descrición: este premio ofrece aos participantes a oportunidade de propoñer un proxecto centrado nun tema de investigación e reflexión persoal, así como a súa realización no MARCO (1º andar), o 49 Nord 6 Est-FRAC Lorraine e o SFKM. A orixinalidade da tese defendida e a pertinencia das referencias propostas serán determinantes para a selección do proxecto gañador. O orzamento para a produción será de 20.000€ en cada unha das sedes
Dotación: 6.500€ en concepto de honorarios e ata un máximo de 5.000€ en concepto de desprazamento.
Data fin: 31 de marzo de 2016
Máis información

BOLSAS E PROXECTOS

ESTATAIS

Becas Roberto Villagraz de Fotografía 2016   NOVO
Convoca: EFTI, Madrid
Descrición: a bolsa está destinada a tres fotógrafos que  poderán estudar de balde o “Máster Internacional de Fotografía Contemporánea y Proyectos Personales”, valorado en 9.980€. A participación está aberta a calquera persoa maior de 18 anos con independencia da súa nacionalidade e historial académico. A duración do Máster será de 15 meses.
Dotación: bolsa de 9.880€ + 1.200€ ao comenzo do curso para gastos.
Data fin: 6 de marzo de 2016
Máis información

Presentación de proxectos para “XXIII Jornadas de Estudio de la Imagen. La pantalla negra o blanca: el poder de ver imágenes juntos”  NOVO
Convoca: CA2M, Madrid
Descrición: no cine, hai numerosas secuencias onde o pensamento despréndese libremente da imaxe para atravesar a pantalla na busca do espectador. Estas xornadas tratan de pensar na ensamblaxe das imaxes e o espazo para o común que se abre entre elas. En base a isto, ábrese unha convocatoria para a presentación de traballos de investigación en teoría e práctica artística que aborden os seguintes asuntos: a) estéticas comonistas: proxectos que apelen á produción dun mundo común que parece residual ante as constantes divisións ás que está sometido. Prácticas que intenten reactivar unha imaxinación do colectivo; b) Antagonismos colectivos: proxectos que se acheguen á produción de antagonismos colectivos e novas formas de cidadanía. Aceptaranse proxectos en castelán e inglés.
Dotación: non consta
Data fin: 18 de maio de 2016
Máis información

CURSOS E OBRADOIROS

AUTONÓMICOS

Operaciones básicas en la escultura    NOVO
Convoca: MAC, A Coruña
Descrición: a escultura, contando tradicionalmente ao redor dun número limitado de materiais e posibilidades e vinculado desde as orixes ao xugo da mímese, adquire na contemporaneidade unha inxente cantidade de variables a través da incorporación de novos materiais, pola aparición de novas formas de arte, etc. No obradoiro proponse achegarse a este cúmulo de posibilidades novas e á elaboración de propostas sinxelas a partir de materiais e temas dados. 
Prezo: 50€
Datas: 13 de febreiro de 2016-19 de marzo de 2016 (sábados)
Máis información

Dibujando en el museo    NOVO
Convoca: MAC, A Coruña
Descrición: o obradoiro permite realizar un amplo repaso pola pintura, o debuxo, a ilustración e as técnicas de comunicación creativa tendo como obxectivo de inspiración o museo e todo o que o rodea: a súa arquitectura, a súa dinámica de traballo, os seus públicos…
Prezo: 75€
Datas: 17 de febreiro de 2016-18 de marzo de 2016 (mércores e venres)
Máis información

ESTATAIS

Insectos Sociales: Aprendizajes Comunes y Polinización por el Cambio. Arte, Ciencia y Tecnología  NOVO

Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: xornada teórico-práctica dirixida a educadores, artistas, mediadores, traballadores sociais, científicos e calquera persoa interesada. Os temas serán os seguintes: cómo arte, ciencia e tecnoloxía poden pasara á acción para afrontar xuntos retos sociais inmediatos; qué iniciativas comunitarias hai que poderían ter un impacto directo no barrio, etc.
Prezo: xornada enteira: 20€; xornada de mañá: 10€
Data: 6 de febreiro de 2016
Máis información

Manos a la Obra   NOVO
Convoca: Museo Lázaro Galdiano, Madrid
Descrición: o museo pon en marcha tres novos obradoiros: 1. “Taller de Iluminación y Miniatura”, 2.“Taller de Estofado sobre Oro y Plata” e 3. “Taller Experimental de Medios Pictóricos”.
Prezo: 50€ cada un
Datas: 1. “Taller de Iluminación y Miniatura”: 6 e 13 de febreiro de 2016; 2.“Taller de Estofado sobre Oro y Plata: 16 e 23 de abril; 3. “Taller Experimental de Medios Pictóricos”: 4 e 11 de xuño de 2016
Máis información

Los Rostros de la Guerra. Master Class de Gervasio Sánchez    NOVO
Convoca: Es Baluard, Palma de Mallorca
Descrición: Gervasio Sánchez é fotoxornalista e, como tal, documentou o drama humano ao longo de diversos conflitos. El sinala que cando traballa en contacto co sufrimento o seu obxectivo é producir que este encontro deixe de ser contraditorio ou que polo menos permita alcanzar un equilibrio entre os diferentes intereses e para conseguilo hai que establecer un acordo tácito cos protagonistas das súas fotografías; personalizar os seus dramas, os seus desacougos, as súas esperanzas. Desde esta perspectiva, a fotografía que retrata o drama humano, debe evitar a esquematización, a frivolidade e o espectáculo. Estes serán os eixos da súa “master class”.
Prezo: 40€; Amics d’Es Baluard: 10% de desconto
Datas: 10-11 de febreiro de 2016
Máis información

Contrapublicidad. Publicidad, Arte Urbano y Contrapublicidad   NOVO
Convoca: Espacio Trapezio, Madrid
Descrición: o espacio urbano convertiuse nun campo de batalla entre publicidade e a arte urbana, e en medio deles, a “contrapublicidade”, que convive entre arte e activismo, dúas líneas que se cruzan e nutren mutuamente. O activismo, baseado na acción directa e as técnicas da guerrilla, apóianse na arte co fin de ter máis visibilidade e incluso máis permisividade, posto que as artes dan unhas marxes en torno ao real que permiten certas especulacións e derivas políticas que en calquera outro campo serían censuradas. Partindo disto o obradoiro dividirase en dúas partes: unha teórica onde se verá cómo funciona a publicidade e como se loita contra ela desde o activismo, e unha segunda parte práctica onde se realizará unha intervención contrapublicitaria.
Prezo: 20€
Datas: 10-11 de febreiro de 2016
Máis información

Autoedición, Anarchivo, Fotozines. Taller-Charla organizado por La Fanzinoteca   NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: realizaranse dous obradoiros-charlas (que producirán unha publicación) e, máis adiante, un “Tagging Day” (evento de catalogación colectiva de fanzines).
Prezo: 20€ curso completo / 10€ a sesión
Datas: 11-26 de febreiro de 2016
Máis información

Domix Garrido “El paréntesis del tiempo” (Performance). Ciclo Miradas Cercanas   NOVO
Convoca: CENDEAC, Murcia
Descrición: este ciclo reúne aos creadores da rexión de Murcia de diferentes ámbitos para coñecer os seus traballos, referentes, intencións, procesos artísticos, unha reflexión onde se poida afondar sobre os seus referentes, coñecer a mirada do artista.
Prezo: de balde, con inscrición previa.
Data: 15 de febreiro de 2016
Máis información

Curso de antropología visual y documental social    NOVO
Convoca: Círculo de Bellas Artes, Madrid
Descrición: a cámara é unha ferramenta fundamental na investigación das ciencias sociais e, o cine, un prominente instrumento para a comunicación científica. Neste curso plantéxase a necesidade de normalizar o uso da cámara e da produción audiovisual no corpus da práctica antropolóxica, ao consideralos elementos imprescindibles no desenvolvemento político e social de calquera comunidade.
Prezo: xeral: 50€; socios CBA e desempregados: 40€
Datas: 15-16 de febreiro de 2016
Máis información

Francesc Torres conversa con Xabier Antich y Antonio Monegal. El Arte Contemporáneo a partir de los artistas de la Colección MACBA   NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: neste ciclo de conversacións dáselles a palabra aos artistas que pertencen á Colección MACBA para reflexionar, xunto cos teóricos, críticos e comisarios cos que colaboraron, sobre o seu traballo actual e a súa traxectoria.
Prezo: de balde
Data: 18 de febreiro de 2016
Máis información

Los asistentes se dirigen en fila india hacia el lugar que sirve de escenario. Taller de Performance a cargo de Laia Estruch   NOVO
Convoca: MACBA, Barcelona
Descrición: no obradoiro articularanse estratexias para facer audibles, a través da voz, contidos textuais ou gráficos procedentes de arquivos para crear novos contidos, a partir da composición de partituras e a gravación do son que se xera ao oralizalos.
Prezo: 5€; Carné Amic: de balde. Con inscrición previa.
Data: 19 de febreiro de 2016
Máis información

Criterios de Diseño Expositivo. Taller con Paco Gómez  NOVO
Convoca:  Promoción del Arte e Tabacalera, Madrid
Descrición: este obradoiro propón unha descrición dos criterios básicos a ter en conta no deseño dunha exposición fotográfica: estudo da sala, discurso expositivo, dimensionamento das imaxes, condicións de iluminación, gráfica, etc., e irá ilustrado con exemplos históricos e casos prácticos da experiencia profesional do autor.
Prezo: de balde, con inscripción previa
Datas: 24-26 de febreiro de 2016
Máis información

Taller: Cazadores de luz. Fotosíntesis    NOVO
Convoca: Hangar, Barcelona
Descrición: A fotosensibilidade, a creación de artefactos para manipular a luz, a maxia e a alquimia, son os elementos que conforman este acto pagano que roza as máis sutís das místicas. Nos seus inicios a fotografía era imaxe en si mesma: un artefacto capaz de crear imaxes sen necesidade de capturalas. O obradoiro organizarase en: 1. As exploracións no contexto cos invitados. 2. O traballo de laboratorio e 3. Haberá espazos de discusión que se organizarán por medio de proxección doutros artistas ou temas relevantes para os conceptos do obradoiro.
Prezo: 180€
Datas: 10-20 de marzo de 2016
Máis información  

Pedro Alonso: “Del Realismo a la Abstracción partiendo del color como punto de partida” (Pintura-escultura). Ciclo Miradas Cercanas   NOVO
Convoca: CENDEAC, Murcia
Descrición: este ciclo achega aos creadores da rexión de Murcia de diferentes ámbitos para coñecer os seus traballos, referentes, intencións, procesos artísticos, unha reflexión onde se poida afondar sobre os seus referentes, coñecer a mirada do artista.
Prezo: de balde, con inscrición previa.
Data: 21 de marzo de 2016
Máis información 

Pablo Madrid: “1 imagen, 100 fotogramas. Proceso de creación de imágenes en movimiento” (Producción audiovisual). Ciclo Miradas Cercanas   NOVO
Convoca: CENDEAC, Murcia
Descrición: este ciclo achega aos creadores da rexión de Murcia de diferentes ámbitos para coñecer os seus traballos, referentes, intencións, procesos artísticos, unha reflexión onde se poida afondar sobre os seus referentes, coñecer a mirada do artista.
Prezo: de balde, con inscrición previa.
Data: 18 de abril de 2016
Máis información

PREMIOS

AUTONÓMICOS

Premio de Curtametraxes do Festival de Cans    NOVO
Convoca: Asociación Cultural Arela, O Porriño
Descrición: as curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2014, 2015 ou 2016. Valoraranse que as obras a concurso sexan estreas absolutas e que non foran aínda amosadas públicamente; tamén que o equipo técnico e o reparto estea formado por técnicos, actrices e actores galegos. Haberá tres categorías: curtametraxes de ficción ou non-ficción, curtametraxes de animación e videoclips. O certame admitirá todo tipo de curtametraxes que puidesen ser incluídas noutras seccións fóra de concurso, como documentais, capítulos de webseries ou outras.
Premios: desde “Cans de Pedra” ata 2.000€ segundo categoría
Data fin: 4 de marzo de 2016
Máis información   

IX Premio Internacional Compostela para álbumes ilustrados     NOVO
Convoca: Concello de Santiago de Compostela e Editorial Kalandraka
Descrición: poderán optar, todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato sexa contado a través de imaxes e textos, de tal maneira que ámbolos dous se complementen. As obras poderán presentarse en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas. Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores.
Premio: 9.000€ + publicación da obra
Data fin: 7 de marzo de 2016
Máis información

ESTATAIS


XXXVII Concurso boceto para el cartel de la Fiesta del Olivo    
Convoca: Comisión Organizadora de la Fiesta del Olivo, Mora (Toledo)
Descrición: poderán participar todas as persoas que o desexen. A técnica é libre, e poden utilizarse as cores que consideren convenientes. O tema do bosquexo estará relacionado coa festa do olivo e a poboación de Mora.
Premios: dous premios de 600€ cada un
Data fin: 26 de febreiro de 2016
Máis información  

Proyecto Dulcinea: “La mujer inalcanzable”     NOVO
Convoca: Fundación Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro
Descrición: o obxectivo deste proxecto é poñer en valor a videocreación realizando unha selección das mellores obras seleccionadas no concurso. O tema será homenaxear á muller a través do dramatismo, o humor ou a beleza, baixo o lema de “a muller inalcanzable”, en calquera das súas vertientes (ideal amoroso, distintos estereotipos da muller pefecta…). Os participantes poderán ter calquera nacionalidade e deberán ser maiores de 18 anos.
Premio: 1º premio: 1.500€; 2º premio: 1.000€; 3º premio: 500€
Data fin: 1 de maio de 2016
Máis información

 

Información:
Tel. +34 986 113900
Fax +34 986 113901
centro.documentacion@marcovigo.com

www.marcovigo.com

A información persoal contida neste correo electrónico
forma parte dun ficheiro que ten como titular á
FUNDACIÓN MARCO con domicilio en Rúa Príncipe 54, 36202 – Vigo,
onde os titulares poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e, no seu caso, de oposición.