BOLSAS E PROXECTOS
AUTONÓMICOS Convocatoria 2017 Kaldarte XX. No-Nexo. Des-CON-Vencidos NOVO Convoca: Concello de Caldas de Reis Descrición: o obxecto desta convocatoria é a selección de seis proxectos de intervención artística de carácter temporal ou efímero, que se integrarán en Kaldarte. Poderán presentarse artistas de calquera nacionalidade. Dotación: non consta Data fin: 16 de xuño de 2017 Máis información ESTATAIS Becas Acciona 2017-2019 NOVO Convoca: Acciona Descrición: concédense 5 bolsas para a nova promoción do curso académico 2017-2019 do “Máster en Artes y Profesiones Artísticas” de la “Escuela Sur” e “Universidad Carlos III” de Madrid, facilitando o acceso á formación a alumnado latinoamericano e español seleccionado en base á súa traxectoria, potencial e motivación, así como á súa situación económica. Dotación: o 100% da matrícula Data fin: 24 de abril de 2017 Máis información Becas Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales NOVO Convoca: Fundación BBVA Descrición: estas 55 bolsas están destinadas a apoiar o desenvolvemento de proxectos persoais de investigación e creación cultural en estadios intermedios da súa carreira para estudantes, de entre 30 e 45 anos, e cunha produción científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora. Dotación: 40.000€ cada bolsa Data fin: 27 de abril de 2017 Máis información Becas de Artes Plásticas 2017 NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: oito bolsas de artes plásticas destinadas á formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade. Dotación: 23.000€ cada unha Data fin: 5 de maio de 2017 Máis información Becas de Arte, Educación y Cultura AECID 2017 NOVO Convoca: AECID Descrición: programas de formación e prácticas en materias vinculadas á arte, a educación e a cultura, destinadas a persoas españolas e estranxeiras, que facilitan a súa mobilidade e proxección internacional. As distintas bolsas son: 1) para prácticas de xestión cultural exterior; 2) bolsas institucionas de mestrado para funcionarios e persoal funcionario ou integrado nos sistemas públicos de países prioritarios para a Cooperación Española. Dotación: segundo a bolsa Data fin: 1) 18 de abril e 2) 8 de maio de 2017 Máis información Becas de Comisariado de Exposiciones y Gestión de Museos 2017 NOVO Convoca: Fundación Botín, Santander Descrición: dúas bolsas no estranxeiro destinadas á formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral. Dotación: 18.000€ cada unha Data fin: 12 de maio de 2017 Máis información IV Beca de Producción a la Creación Videográfica DKV/Es Baluard 2017 NOVO Convoca: Es Baluard e DKV Seguros Descrición: a bolsa está aberta á presentación de proxectos de obras de videoarte de artistas nados a partir de 1977. Os proxectos serán específicos, orixinais e inéditos. A obra resultante será exposta en Es Baluard a partir de novembro de 2017. Dotación: 5.000€ Data fin: 15 de maio de 2017 Máis información
CURSOS E OBRADOIROS AUTONÓMICOS Curso de iniciación a la fotografía artística NOVO Convoca: Simia Espacio, Vigo Descrición: o curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo da fotografía cunha perspectiva máis creativa. Prezo: 120€ (opción de pago fraccionado) Datas: inicio en maio de 2017 Máis información Curso de ilustración NOVO Convoca: Simia Espacio, Vigo Descrición: curso práctico de ilustración. Os temas tratados serán, entre outros, por onde comezar a ilustrar?, combinación das cores, creación de personaxes, que facer cando se está bloqueado?, etc. Prezo: 165€ (opción de pago fraccionado) Datas: inicio en maio de 2017 Máis información Curso de ilustración avanzada NOVO Convoca: Simia Espacio, Vigo Descrición: no curso aprenderase o proceso de creación dun proxecto acabado, un libro ilustrado de principio a fin. Poderá tratarse dun libro infantil ou de adultos. Prezo: 165€ (opción de pago fraccionado) Datas: inicio en maio de 2017 Máis información Curso de ilustración dixital NOVO Convoca: Simia Espacio, Vigo Descrición: o curso está orientado a quen queira aprender a elaborar ilustracións dixitais. Traballarase co programa “Artage 4”. Prezo: 110€ Datas: inicio en maio de 2017 Máis información
ESTATAIS
The Museum is Closed – Los Torreznos NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: Los Torreznos son unha ferramenta de comunicación sobre o social, o político e os costumes máis arraigados. Traballan traducindo á linguaxe contemporánea temas que forman parte da cotianidade máis absoluta. Nesta ocasión presentan a terceira parte da trioloxía na que están traballando e que trata sobre “o pensamento”. Prezo: de balde, con inscripción previa Data: 25 de abril de 2017 Máis información “La visión dañada: repensar la fotografía como contrato civil” NOVO Convoca: Fundación BilbaoArte Descrición: seminario-obradoiro coa artista visual e fotógrafa Ixone Sadaba. O obxectivo será entender onde se sitúa o fotógrafo e cómo se relaciona coa súa contorna e o mundo. Prezo: 90€ (bolseiros, ex bolseiros e usuarios da Fundacion BilbaoArte: 70€) Datas: 25 de abril - 17 de maio de 2017 (martes e mércores) Máis información Los Cursos Bonitos 2017 NOVO Convoca: Fundación BilbaoArte Descrición: cursos organizados por Bonito Editorial no que os ilustradores con recoñecemento internacional Pablo Auladell e Mariana A. Miserável comparten os seus coñecementos. Prezo: 300€ por curso Datas: Pablo Auladell, 18-21 de abril de 2017 / Mariana A. Miserável: 24-28 de abril Máis información VI. Encuentros con la investigación. Presentación de trabajos de Máster en Investigación y Creación en Arte NOVO Convoca: Fundación BilbaoArte Descrición: doce artistas compartirán cos asistentes os resultados dos seus traballos de fin de mestrado. Prezo: de balde Datas: 18 de abril - 27 de maio de 2017 (martes) Máis información El comisariado y la organización de exposiciones de arte contemporáneo y actividades artísticas NOVO Convoca: Galería Theredoom, Madrid Descrición: curso impartido por Margarita de Aizpuru. O obxectivo do mesmo consiste en preparar adecuadamente aos futuros profesionais na área de comisariado e organización de exposicións, polo que se darán unhas pautas necesarias para pensar proxectos de calidade, estimulando o discurso crítico, a capacidade expresiva e o argumento expositivo. Prezo: 220€ Datas: 18-27 de abril de 2017 Máis información Miradas Cercanas 2017 NOVO Convoca: CendeaC, Murcia Descrición: Miradas Cercanas é un ciclo que pretende dar a coñecer obra de creadoras murcianas novas e creadores murcianos novos a través de conferencias nas que os propios creadores explican o seu traballo. Prezo: non consta Datas: Pablo Lambertos: 24 de abril / Ramón Lez: 15 de maio / Fito Conesa: 22 de maio / Ester Travel: 29 de xuño Máis información Idiorritmias NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: este programa está composto por un laboratorio de experimentación con Itziar Okariz e Quim Pujol e por unha serie de “performances”. Prezo: non consta Datas: 4-13 de maio de 2017 Máis información Taller “Gabinete artesanal de etnografías imaginarias: metodologías de observación e investigación artística” NOVO Convoca: Hangar, Barcelona Descrición: no obradoiro propónse explorar as confluencias entre a arte e a etnoloxía co fin de abordar distintas metodoloxías que cuestionen o disciplinar, a división entre o teórico e o práctico, o pensamento útil e a noción académica da investigación artística. Prezo: 20€ Datas: 8-10 de maio de 2017 Máis información VI Curso de Realismo y Figuración NOVO Convoca: Fundación de Arte Ibáñez Consentino no Museo Ibáñez, Olula del Río, Almería Descrición: o obradoiro está especialmente dirixido a artistas que queiran compartir as súas experiencias e recibir os comentarios de Antonio López e Andrés García Ibáñez. Os temas propostos serán o bodegón e o nu, aínda que se dará liberdade temática sempre que a pintura sexa tomada do natural. Prezo: 200€ Datas: 22-26 de maio de 2017 Máis información Arquitectura forense NOVO Convoca: MACBA, Barcelona Descrición: este seminario afonda sobre o sentido das investigacións artísticas para a reivindicación da defensa dos dereitos humanas, así como a introdución de temas de importancia crucial na esfera pública como é o do ecocidio. Prezo: 5€ con inscrición previa Datas: 14 de xuño de 2017 Máis información El individuo como obra de arte, con Carlota Guerrero NOVO Convoca: La Casa Encendida, Madrid Descrición: o obradoiro parte da base de que a “performance” e a videoarte son dúas linguaxes que permiten explorar termos como a relación entre artista e espazo, os límites do corpo, a propia identidade ou a interacción. Prezo: 50€ Datas: 20 – 23 de xuño de 2017 Máis información PREMIOS
IV Concurso de Fotografía Museo Liste 2017 NOVO Convoca: Museo Liste, Vigo Descrición: as fotografías a concurso terán como tema a “Arquitectura de Vigo” e valoraranse o aspecto técnico, estético e documental das mesmas. Haberá dúas categorías: para menores de 18 anos e para maiores de 18 anos. Premios: tres premios por categoría: figura conmemorativa e exposición da súa obra durante 15 días. Data fin: 25 de abril de 2017 Máis información VIII Premio Atlante do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital NOVO Convoca: Fundación Museo das Artes do Gravado, Riveira Descrición: poderán participar todos os artistas nacionais ou estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que considere conveniente o/a artista. Premios: premio Ramiro Carregal de gravado: 5000€; premio María del Rosario Martín: 2.500€; dous premios: 2.500€ cada un; premio especial para artista nado ou residente en Galicia: 2.000€ Data fin: 30 de abril de 2017 Máis información X Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados NOVO Convoca: Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora Descrición: poden optar autores/as e ilustradores/as de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. Os proxectos deberán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato e a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores. Premio: 9.000€ en concepto de adianto polos dereitos de autor Data fin: 12 de maio de 2017 Máis información Premio de Cartelismo Francisco Mantecón - Bodegas Terras Gauda NOVO Convoca: Bodegas Terras Gauda, O Rosal Descrición: artistas gráficos, así como universidades e estudos de deseño de todo o mundo, están invitados a participar neste certame de cartelismo. Premios: 1º premio: 10.000€; dous accésits e mención especial: 2.000€ cada un Data fin: 30 de setembro de 2017 Máis información ESTATAIS X Premio de Grabado y Vino Fundación Vivanco NOVO Convoca: Fundación Vivanco para la Cultura del Vino e Escuela Superior de Diseño de La Rioja Descrición: o premio está aberto ás distintas vertientes do gravado: xilografía, litografía, augatinta, serigrafía, augaforte, calcografía e impresión dixital. Poderán participar artistas maiores de idade e residentes na Unión Europea. O tema será o mundo do viño. Premios: 1º premio: 3.000€; 2º premio: 1.500€ Data fin: 22 de abril de 2017 Máis información Premios Exército do Aire 2017 NOVO Convoca: Ejército del Aire Descrición: haberá unha modalidade de pintura e outra de fotografía entre outras. A temática ten que estar relacionada coas distintas facetas do Exército do Aire: actividades e misión, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais co que está dotado. Premios: pintura: 1º premio: 6.000€ e trofeo; accésit: 3.000€ e placa / fotografía: premio á mellor colección: 2.000€ e trofeo; accésit á mellor colección: 500€; premio á mellor fotografía: 1.000€ e placa; accésit á mellor fotografía: 500€; premio á mellor fotografía de interese humano: 1.000€ e placa; accésit á mellor fotografía de interese humano: 500€ Data fin: 28 de abril de 2017 Máis información CarsArte NOVO Convoca: CarsArte Descrición: poderán participar na convocatoria todos os artistas maiores de idade, españois ou estranxeiros, que residan en España. Haberá dúas modalidades: pintura e arte dixital. Premios: pintura: 1º premio: 3.600€; 2º premio: 2.400€; 3º premio: 1.800€; dous accésits: 600€ cada un / arte dixital: 1º premio: 1.200€ Data fin: 5 de maio de 2017 Máis información VII Concurso de Cortometrajes “Cátedra Miguel Hernández” NOVO Convoca: Universidad Miguel Hernández, Elche Descrición: poderán participar neste concurso calquera persoa, maior de idade, sen distinción de nacionalidade ou residencia. O tema da produción audiovisual terá que estar relacionado co poeta Miguel Hernández ou con temas presentes na obra herradiana como a paz, a liberdade, os dereitos humanos, etc. Premio: 2.000€ e diploma acreditativo Data fin: 11 de xuño de 2017 Máis información Art Nalón 2017 NOVO Convoca: Concello de Langreo Descrición: poderán participar nesta convocatoria os residentes en España, menores de 36 anos que o desexen. As modalidades admitidas serán: pintura, escultura e gravado. Premio: 2.000€ e exposición; accésit: 1.500€ e exposición; mencións especiais sen dotación económica Data fin: 15 de setembro de 2017 Máis información
|