rss feed Imprime esta páxina Envía esta páxina
AFECTOS ESPECIAIS A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva

AFECTOS ESPECIAIS A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva

Datas: 
17 outubro 2024 - 29 maio 2025
Horario: 
XOVES de 19.15 a 20.45
Lugar: 
salón de actos


Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López
Total sesións: 24

PRAZAS LIMITADAS. Inscrición e matrícula a partir do 17 de setembro

Prezo: 190€ (desconto do 20% para membros da AAM Agrupación Amiga do MARCO e para estudantes, previa acreditación).

Posibilidade de pagamento fraccionado nos termos que se detallan na ficha de inscrición.

AVISO para estudantes Universidade de Vigo: estase xestionando a obtención de 1,2 créditos ECTS por asistencia a este curso, aplicable a todo o alumnado da Universidade de Vigo, que se beneficiará dun 50% de desconto no prezo de matrícula. Este desconto será tamén aplicable a quen se teña graduado no curso académico 2022-23 da UVigo.

AFECTOS ESPECIAIS. A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva

Serge Daney escribiu que a emoción no cinema é un “movemento de cámara ao revés, o que se produce no corpo do espectador. Xorde daquilo que, de súpeto, adiviñamos”. Pero, que adiviñamos, exactamente? Algo na pantalla fálanos, apélanos ou conmóvenos, e nese momento faise presente “a beleza fráxil do cinema”, como a chama Daney, “capaz de facernos sentir que unha escena está próxima a nós sen que haxa necesidade de aproximar a cámara”. Porque a técnica sempre será o menos importante e deberá ser posta ao servizo da emoción ou non será máis que utilería vendida aos avances de cada época e, polo tanto, imaxinaría baleira.

As posibilidades da linguaxe do cinema son, na súa combinatoria, infinitas ou cando menos incontables, pero neste curso faremos un percorrido por algúns dos seus recursos máis recoñecibles, atendendo non tanto á técnica ou tecnoloxía utilizada como á súa potencia emotiva e expresiva: Robert Bresson e o fóra de campo, Alfred Hitchcock e os seus planos detalle ou os seus encadeados, os jump-cuts de Godard, as elipses de Takeshi Kitano, os fundidos de Stanley Kubrick, os planos baleiros de Yasujiro Ozu, os sutís movementos de cámara de John Ford ou os xestos dos seus actores, os símbolos de Luis Buñuel ou Pier Paolo Pasolini, os Dolly-shot sobre os rostros de Steven Spielberg, os planos-secuencia de Naomi Kawase ou os travellings de Kelly Reichardt ou Gus van Sant, entre innumerables outros.