Actividades paralelas da exposición "A profundidade esencial da terra BENJAMÍN PALENCIA, MANUEL COLMEIRO E O SURREALISMO DOS ANOS TRINTA"
XOVES 21 novembro ás 19.00
Presentación do catálogo da exposición
con Alba Corral Colmeiro, Ramón Palencia, Carlos L. Bernárdez e Miguel Fernández-Cid
SÁBADO 23 novembro ás 19.00
Concerto TEMPOS E ESPAZOS. 100 anos de Surrealismo
con Rafael Yebra e Hachè Costa
Ciclo #MARCOconversas #MARCOtalks
PRESENTACIÓN PUBLICACIÓN
A PROFUNDIDADE ESENCIAL DA TERRA
Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta
MARCO, Galería B3, 1º andar
Xoves 21 de novembro, ás 19.00
Con Alba Corral Colmeiro, Ramón Palencia, Carlos L. Bernárdez, Miguel Fernández-Cid
Entrada libre ata completar capacidade
A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta
Textos: Carlos L. Bernárdez, Ramón Palencia del Burgo
2024, 144 p.; fot. Cor
Idiomas: Galego / Castelán
O impacto do movemento surrealista na obra de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro na década dos trinta –cerna deste proxecto expositivo– é de ben diferente intensidade; porén, ambos partillan, como pano de fondo, semellanzas formais que están no contexto do influxo do surrealismo internacional.
Co gallo desta mostra, o MARCO editou unha publicación que completa a proposta expositiva a través de textos, documentación e imaxes das obras.
Ademais do comisario da exposición e do director do MARCO, a presentación do xoves estará protagonizada por familiares dos artistas: Alba Corral Colmeiro e Ramón Palencia, autor dun dos textos do catálogo.
Todas as publicacións están dispoñibles para consulta na Biblioteca-Centro documentación do MARCO, e á venda en LASAL BOOKS, situada no vestíbulo principal.
https://www.marcovigo.com/publicacions / https://lasalbooks.com/products/a-profundidade-esencial-da-terra
NOTA: Queremos expresar o noso agradecemento a Alba María Colmeiro González, filla do pintor Manuel Colmeiro, e a súa neta Alba Corral Colmeiro, sen cuxo inestimable apoio esta mostra non sería posible”.
CONCERTO
TEMPOS E ESPAZOS. 100 anos de Surrealismo
Con Rafael Yebra e Hachè Costa (saxo e electrónica)
MARCO, Galería e sala perimetral B3, 1º andar
Sábado 23 de novembro, ás 19.00
Entrada libre ata completar capacidade
O ano 2024 coincide coa conmemoración en todo o mundo do centenario do Primeiro Manifesto Surrealista. Con este motivo, o saxofonista Rafael Yebra e o compositor Hachè Costa traballaron en colaboración para crear unha peza escrita ex profeso para esta efeméride. A súa estrea no MARCO cobra un sentido moi especial no contexto da exposición sobre Benxamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta, e na propia sala que acolle a mostra.
TEMPOS E ESPAZOS. 100 anos de Surrealismo
Rafael Yebra (saxofón solista) e Hachè Costa (compositor)
Unha proposta que explora as novas formas de espazo, tempo, materia e, sobre todo, as novas ideas acerca do ser humano que, a través da psicanálise e da teorías de Sigmund Freud, supuxeron unha grande renovación da arte e do pensamento ao longo do século XX. O concerto convértese tamén nunha homenaxe ao psiquiatra, psicanalista e filósofo Jacques Lacan, quen protagonizou algunhas das maiores polémicas do século XX.
TEMPOS Y ESPAZOS quere confrontar as relacións directas e indirectas que o repertorio instrumental establece cos novos conceptos de espazo e tempo derivados da grande revolución antropolóxica da nosa época, facendo especial fincapé na relación da música instrumental coa literatura máis creativa, artística e filosófica.
Tras a súa presentación no MARCO, o concerto volverá soar na Universidade de León e na sede da UNED de Madrid, o 8 e 19 de decembro, respectivamente.
PROGRAMA
TEMPO
Juan Eiras (2015) Diacronías I
MATERIA, SENSACIÓN, INTUICIÓN, PERCEPCIÓN
Jacobo Gaspar (2016) Rumor de frío II
ESPAZO
Jesús González (2017) Plegaria de los ahogados
A LINGUAXE E O EGO
Hachè Costa (2024) Surrealismo 100 – Homenaje a J. Lacan
- O REAL. A cousa e o real. A demanda. A lingua
- O IMAXINARIO. O estadio do espello. O desexo. Breve ensaio sobre a neurose obsesiva. Ataque de ansiedade nº 317
III. O SIMBÓLICO. Amizade, amor e ficción. Historias do discurso amo. O real vs o poder
+ INFO https://www.hachecosta.com/